Celebrar a vida é algo fantástico, e máis, cando se fai con tanto agarimo, esmero e adicación como o que puxeron no baby shower sorpresa de Izan. Eu tiven a honra de facer esta tarta de cacao amargo e ganaché de chocolate branco decorada con fondant acorde ao resto da temática da festa. Grazas por contar conmigo, foi un pracer, e grazas tamén por enviarme as fotos da mesa e deixarme amosar nesta miña xanela como quedou todo de bonito, parecía recén saído dun soño. Benvido Izan, e parabéns familia. A voar moi moi alto Soñade Doce 😉