Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2019

CUPCAKES DE VAINILLA

E para rematar o 2019 preséntovos  estes cupcakes de vainilla con buttercream de vainilla , que foron endozar unha merenda familiar. Grazas familia. Aproveito para felicitarvos as festas e desexarvos un doce 2020.

MENCÍA 💖

Estou encantada de amosarvos esta torta que fixen para o bautizo da pequena Mencía. Biscoito Red Velvet con crema de queixo, unha combinación perfecta  e delicada, que en boca é un estoupido de sabor. Nunca se sabe onde podes descubrir coincidencias, desas que crean lazos, e nesta ocasión foi o Red Velvet quen me achegou de novo a esta fantástica familia. Para min foi un pracer e un orgullo que confiarades en min para esta ocasión tan especial, foi un reencontro estupendo!! Moitas grazas familia💖 Seguide soñando doce.  RED VELVET 💖

TARTA ÓPERA

Preséntovos outra das miñas tartas preferidas, a tarta ópera, unha receita clásica da repostería francesa cuxo colorido e forma lembra ao da ópera Garnier de París, e na súa honra recibe o seu nome. 7 capas de distíntas elaboracións en non máis de 4.5 cm. O remate ideal para unha comida familiar.  Se nunca a probastes xa estades tardando.  Soñade doce😀