Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2020

BO NADAL!!!

Os Celtas, queimaban un tronco grande de madeira coincidindo co solsticio de inverno, para celebrar que se alonxaba a escuridade e o renacemento do sol. Para acendelo ás veces utilizaban as cinzas do ano anterior, e este tronco tiña que arder tres días ata o día 24. Esas cinzas gardábanas porque segundo eles daban boa sorte. Que bonita tradición, non sí? A mesma boa sorte dos Celtas e a que vos desexo a todos vós, sorte, saúde e ledicia !!! Bo Nadal!!!! Grazas Yélida, especialmente para ti e os teus moi Felices Festas, foi un pracer coma sempre.

TOUS

 Sorprender a quen non deixa de sorprendernos! Eso é un  agasallo de ida e volta porque da tanta alegría a quen o fai coma a quen  SORPRENDENTEMENTE esta vez é o agasallado. Moitísimas grazas por contar conmigo fixome moitísima ilusión!!! 

BOB ESPONJA

Non sei que terá esta pequena esponxa que os atrapa coma un imán. Neste caso foi un agasallo de aniversario. Moitos parabéns e unha vida chea de aventuras para o agasallado . E Yelida mil grazas 💝 Non se pode ser máis doce.

Torta San Marcos

Para esta ocasión tocou facer unha das tortas máis famosas da repostería tradicional española, bizcocho, trufa de chocolate, nata montada e crema de xema tostada. Remate perfecto para calquera celebración! Encantoume facer esta torta!!!                                         

Aos 40 comeza o bo

Sen dúbida é un momento perfecto para recibir un agasallo sorpresa coma este. Que vivan as sorpresas, as festas de aniversario e que vivan os 40!! Porque se os 30 son os novos 20 entendo que os 40 son os novos 30 non sí? Moitos Parabéns para a cuarentañera 😉 e moitas grazas Rocío por pensar en min 💗

PURO CAPRICHO!

 Esta tarta leva un montón de tempo agardando para ser enseñada, e non podía esperar máis. 4 texturas distíntas, biscoito de chocolate, mousse de chocolate, mousse de caramelo salgado, e un glaseado espello. Non podía estar máis rica!!!!   Agardo poder facerche moitos máis destes 😉💝                                                                        

50

Encantanme as vodas e as que máis  as vodas de ouro porque para min representa o saber querer, o querer ben. 50 anos xuntos é toda unha aventura,  que ogallá duré polo menos outros tantos máis. Para celebralo os maiores, unha torta  e para as peques uns ricos cupcakes cheos de máxia de unicornio. Moitas grazas Esther e Alberto foi un pracer enooooorme.   Torta de vainilla rechea de crema pasteleira cuberta de merengue italiano. Cupcakes de chocolate con buttercream de chocolate branco.  

MÚSICA

A música ese elemento que forma parte das nosas vidas acompañándonos en bos e malos momentos, vive con eles na nosa memoria. Evocadora e sanadora, sempre a MÚSICA!! Esta vez a música foi tamén unha doce celebración!!! Que non pare nunca a música e che traia fortuna e felicidade Pepe!!!  Moitas grazas Saskya !!!   

SUPER MARIO

 Que levante a man quen nunca xogou algunha vez co amigo Mario!! Este fontaneiro gordinflón e bigotudo leva 29 anos dando xogo e o que lle queda...  A nós nesta ocasión tamén nos deu xogo para sorprender a Uriel. Parabéns Uriel e ao igual que Mario deséxoche que ao final de cada etapa acades todos os teus soños. E gracias Mónica foi un pracer.