Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

SOBRE RODAS

Fai unhas semanas encargáronme esta tarta de red velvet con crema de queixo con decoración de motos, foi un pracer facela porque Yelida é unha persoa que prepara todas as celebracións con moito gusto, cariño, adicación e detalle; moitas grazas por deixarme formar parte das túas festas. Pero aparte desto hoxe esta tarta ten un simbolismo especial, tamén representa que todo sairá ben, que todo vai ir sobre rodas, só temos que facer unha cousa QUEDAR NA CASA!!! Cun pouco de doce todo se leva mellor, e  se non  polo menos espero que vos servan de entretenemento e inspiración estas fotos.

UNICORNIO

Conta a lenda que o corno dos unicornios é o recipiente que contén a súa maxia, os seus pensamentos e experiencias. Por todo isto converteuse nun ben moi cobizado, levando a estes seres á desaparición. Pero antes de que isto ocorrese, os últimos unicornios decidiron que non podía perderse este poder máxico e sanador , e que este seguiría vivo por sempre dentro das persoas de bo corazón. Sen dubida algunha Ariadna é dona desa luz única que desprenden as persoas de bo corazón. Para tí toda a maxia, saúde, forza, valor e liberdade que caiba en tódolos cornos de unicornio do mundo. Grazas familia 💖