Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

Aos 40 comeza o bo

Sen dúbida é un momento perfecto para recibir un agasallo sorpresa coma este. Que vivan as sorpresas, as festas de aniversario e que vivan os 40!! Porque se os 30 son os novos 20 entendo que os 40 son os novos 30 non sí? Moitos Parabéns para a cuarentañera 😉 e moitas grazas Rocío por pensar en min 💗

PURO CAPRICHO!

 Esta tarta leva un montón de tempo agardando para ser enseñada, e non podía esperar máis. 4 texturas distíntas, biscoito de chocolate, mousse de chocolate, mousse de caramelo salgado, e un glaseado espello. Non podía estar máis rica!!!!   Agardo poder facerche moitos máis destes 😉💝                                                                        

50

Encantanme as vodas e as que máis  as vodas de ouro porque para min representa o saber querer, o querer ben. 50 anos xuntos é toda unha aventura,  que ogallá duré polo menos outros tantos máis. Para celebralo os maiores, unha torta  e para as peques uns ricos cupcakes cheos de máxia de unicornio. Moitas grazas Esther e Alberto foi un pracer enooooorme.   Torta de vainilla rechea de crema pasteleira cuberta de merengue italiano. Cupcakes de chocolate con buttercream de chocolate branco.  

MÚSICA

A música ese elemento que forma parte das nosas vidas acompañándonos en bos e malos momentos, vive con eles na nosa memoria. Evocadora e sanadora, sempre a MÚSICA!! Esta vez a música foi tamén unha doce celebración!!! Que non pare nunca a música e che traia fortuna e felicidade Pepe!!!  Moitas grazas Saskya !!!