Os Celtas, queimaban un tronco grande de madeira coincidindo co solsticio de inverno, para celebrar que se alonxaba a escuridade e o renacemento do sol. Para acendelo ás veces utilizaban as cinzas do ano anterior, e este tronco tiña que arder tres días ata o día 24. Esas cinzas gardábanas porque segundo eles daban boa sorte. Que bonita tradición, non sí? A mesma boa sorte dos Celtas e a que vos desexo a todos vós, sorte, saúde e ledicia !!! Bo Nadal!!!! Grazas Yélida, especialmente para ti e os teus moi Felices Festas, foi un pracer coma sempre.