Esta foi a segunda sorpresa que deu esta tarta, non vos parece sorprendente ? Foi un pracer participar nesta sorpresa!!! Moitas Grazas Tamara!!! E parabéns Miriam!! Que o celebres moitos anos rodeada de amigos máxicos.
Así se chama a celebración do primeiro ano de casados polo visto o papel representa a historia que está por escribir. Malika celebrou con esta torta o cumpleanos de Ahmed e o seu primeiro aniversario. Moitas grazas Malika, agardo que enchades páxinas e páxinas de felicidade. Bonitas e doces historias para todos.
Esta foi a tarta do meu cumple e a verdade e que estaba boísima chocolate, café e crema de moka . Se sodes dos que non podedes prescindir destes dous grandes praceres, tedes que probala.😋