A Peppa veu para celebrar o cumple da pequena Claudia!!! Que a vida che sorría sempre Claudia. E moitas grazas familia non deixedes de celebrar nunca 😍
Gústame tanto, tanto esta torta do bautizo de Mariña ! Que lle vou facer, son unha fan das naked cakes e das froitas, son sinxelas, naturais e verdadeiramente encantadoras, coma a pequena Mariña. Moitas grazas familia, foi xenial formar parte desta celebración.😍
Mateo celebrou o seu aniversario con esta torta de tractor!! Moitas grazas familia por confiar en min e moitas grazas Ana!!! Moitos parabéns Mateo a seguir cumprindo, anos e soños.