Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2021

Música maestro

E para rematar o ano, unha torta musical coa que os músicos da banda de Guntín agasallaron ao seu director. Moitísimas grazas. Desexarvos a todos un moi feliz 2022! Que todo o que veña sexa música para os vosos oídos, doce para os vosos beizos e luz para as vosas almas.  

Avengers

Malia que non o pareza, esta torta é unha Red Velvet con crema de queixo. Con ela Chus sorprendeu a Xavi no seu aniversario. Moitas grazas Chus encantoume ver a cara de Xavi coa torta. E moitos parabéns Xavi, aquí entre nós, tí tamén es un superheroe. Aproveito para desexarvos que pasedes unha doce noiteboa e ao igual ca os nosos heroes, non baixedes a garda e poñede os cinco sentidos.  

Unicornio

E para celebrar os 7 aniños de Erea unha tarta chea de fantasía. Para ti toda a maxia e toda a felicidade Erea.  Moitas grazas Yelida un pracer.  

Fortnite II

Para o cumple de Iker sorprenderono con esta torta dun dos seus xogos preferidos. Moitas grazas Sonia e parabéns Iker! Que cumpras moitos máis!!   

Cupcakes unicornio

Cupcakes de cacao con crema de chocolate branco os preferidos de Erea. Moitas grazas Yelida!!!