Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

Barbie

Este ano que se despide foi o ano da pelicula que tinguiu o mundo de rosa!!!  Erea quixo celebrar os seus 9 anos con esta temática, parabéns Erea e grazas a Yelida. E de paso quero desexarvos a todos un 2024 doce coma o chocolate e postos a pedir, de cor rosa.  

Aleixa e Maruxa

Con esta preciosa torta de limón con crema de fresa celebraron o bautizo de Maruxa e Aleixa.                 A min personalmente encántanme estas tortas con decoracións de froitas. Moitas grazas Susana foi un pracer enorme formar parte deste convite.  

Stich

A torta de Erea deste ano foi con Stich, este personaxe que se amosa tal como é, coas súas luces e as súas sombras e que nos enseña que as persoas non se poden cambiar, pero os comportamentos si.  Erea non cambies nunca.  Moitos parabéns e mil grazas Nuria.  

Contando contos

Nesta torta colléronnos un montón de contos!! Porque ás veces é difícil decidir cal é o teu preferido. Moitas grazas familia.  

Torta San Marcos

Sempre digo que é a "miña" versión da torta San Marcos, que non e de todo fiel a receita orixinal 😅. Moitísimos parabéns Olatz, desexámosche todo o bo. 💗  

Mortadelo e Filemón

A temática estaba clara  Mortadelo & Filemón . Moitísimas grazas Inma e felices 56 Ramón.