Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

Spiderman

Xurxo e Xoel celebraron o seu primeiro e quinto aniversario xuntos con esta torta de Spiderman. Moitos parabéns para os dous e moitísimas grazas Vero.  

A torta de Xián

Xian celebrou os seus tres aniños con esta torta da Patrulla Canina. Moitísimos parabéns Xián e moitas grazas Chus!!!!  

O Polo Pepe

O polo Pepe trouxolle os parabéns a Marinha no seu primeiro aniversario. Moitísimos parabéns Marinha e moitísimas grazas.  

CAMBIO DE DÉCADA

Este ano Jorge cambiou de decada, entrou nos dourados 40. Moitos parabéns e a desfrutalos. Moitas grazas Yelida, coma sempre, foi un pracer.  

Mércores

Ari comezou década con Mércores. Moitos parabéns Ari comezas a década máis cambiante, emocionante e decisiva da túa vida que a transites con seguridade e moooita felicidade.  Mil grazas Chus!!!  

70

Con esta torta de mousse de chocolate rechea de mousse de caramelo e biscoito de cacao agasoullou Begoña á súa madriña. Felices 70 a por outro feixe de anos!!!!  Moitas grazas Begoña por agasallar doces.  

Fadas

Fadas, esas mulleres imaxinarias capaces de facer cousas extraordinarias, elas foron desta volta a temática da torta do sexto aniversario de Mar. Moitos parabéns Mar que as fadas che cumplan todos os teus desexos e moitas grazas María, encantoume facer esta torta. Podedes crer nelas ou non pero eu dígovos que as fadas, igual cas meigas, habelas hainas.  

A torta de Carla

Para o primeiro cumple de Carla fixemos esta torta coa Minnie en tonos rosas e toques dourados.  Moi feliz vida Carla, que sexa de color de rosas, coma a tarta do teu cumple e moitísimas grazas Isa, foi un pracer.