Con esta torta agasallou María ao seu pai no seu 70 aniversario, este ano polo visto tivo moito que celebrar 😉. Moitos parabéns e moitas grazas María coma sempre foi un pracer.
O terceiro aniversario de Saúl celebrárono con esta torta da Patrulla Canina. Moitísimos parabéns Saúl feliz terceira volta ao sol. E moitas grazas familia foi un pracer.
Concha chegou aos fantásticos 65 e está feita unha moza!!! Moitísimos parabéns para unha persoa super entrañable e que loce sempre un sorriso marabilloso. E moitas grazas Nuria encantoume facer esta torta.