Ir al contenido principal

Entradas

Moka e chocolate

Esta torta de Moka e chocolate foi o agasallo que Begoña lle fixo a súa madriña. Non sei se xa vos dixen máis veces que é a miña torta preferida 😅 Moitas grazas Begoña.  

Sen PLV, sen ovo e sen FFSS

Os que padecen algunha alerxia alimenticia teñen moitas limitacións, pero disfrutar dunha fermosa torta de aniversario non é unha delas. O padriño de Marco Antonio non parou ata conseguilo, moitas grazas Dani, fixome moi feliz ver esa cara toda untada.  Doce vida Marco Antonio, xa ves que querer é poder. Sen proteína de leite de vaca, sen ovo e sen froitos secos.  

Torta da avoa

Nunca falla  

88 voltas ao sol

Que número tan fantástico para celebrar!!!! Torta de limón e vainilla rechea de crema pasteleira e cuberta de merengue italiano.  

Xián

Moitos parabéns na tua primeira volta ao sol Xian. Parabéns familia!! Foi un pracer Chus  

Serea

A Angélica gustalle o mar e as sereas, así que a súa nai sorprendeuna con esta torta que ben podería ser un dos soños de Angélica. Moitos parabéns e moitas grazas  foi un pracer  

FUTURO PAPÁ

Un acontecemento único que cambia a vida para sempre e da igual que cho expliquen porque sempre é sorprendentemente inesperado. Grazas María  

Hípica

Uxía é toda unha amazona e con esta torta celebraron o seu aniversario. Moitos parabéns para Uxía e moitas grazas familia.   

A torta de Alex

Esta foi a torta do primeiro cumple de Alex foi un pracer facerlla. Moitas grazas familia e doce vida  Alex.  

Torta para unha perruqueira

Con esta torta sorprenderon a Almudena no seu 41 aniversario. Moitos parabéns e moitas grazas familia