Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2019

CUPCAKES DE VAINILLA

E para rematar o 2019 preséntovos  estes cupcakes de vainilla con buttercream de vainilla , que foron endozar unha merenda familiar. Grazas familia. Aproveito para felicitarvos as festas e desexarvos un doce 2020.

MENCÍA 💖

Estou encantada de amosarvos esta torta que fixen para o bautizo da pequena Mencía. Biscoito Red Velvet con crema de queixo, unha combinación perfecta  e delicada, que en boca é un estoupido de sabor. Nunca se sabe onde podes descubrir coincidencias, desas que crean lazos, e nesta ocasión foi o Red Velvet quen me achegou de novo a esta fantástica familia. Para min foi un pracer e un orgullo que confiarades en min para esta ocasión tan especial, foi un reencontro estupendo!! Moitas grazas familia💖 Seguide soñando doce.  RED VELVET 💖

TARTA ÓPERA

Preséntovos outra das miñas tartas preferidas, a tarta ópera, unha receita clásica da repostería francesa cuxo colorido e forma lembra ao da ópera Garnier de París, e na súa honra recibe o seu nome. 7 capas de distíntas elaboracións en non máis de 4.5 cm. O remate ideal para unha comida familiar.  Se nunca a probastes xa estades tardando.  Soñade doce😀

BENVIDO !!!!!!

Celebrar a vida é algo fantástico, e máis, cando se fai con tanto agarimo, esmero e adicación como o que puxeron no baby shower sorpresa de Izan. Eu tiven a honra de facer esta tarta de cacao amargo e ganaché de chocolate branco decorada con fondant acorde ao resto da temática da festa.  Grazas por contar conmigo, foi un pracer, e grazas tamén por enviarme as fotos da mesa e deixarme amosar nesta miña xanela como quedou todo de bonito, parecía recén saído dun soño. Benvido Izan, e parabéns familia. A voar moi moi alto Soñade Doce 😉

MORTAAAL!!!!!

Nesta ocasión encargáronme facer unha tarta inspirada na tradición mexicana do día de mortos, e investigando un pouco, descubrín, unha fermosísima liturxia onde se honra e se espera aos familiares que xa partiron. Nas ofrendas que as familias preparan non poden faltar o pan de morto e as caveiras doces, estas últimas foron as que me inspiraron esta tarta. Por dentro biscoito de vainilla e ganaché de chocolate negro, DE MORTEE 😜 Soñade e soñade doce, ata no alén!!!!!

VERMELLO

Este semifrío de mousse de chocolate branco recheo de xelatina de marmelada de frambuesas do Pazo de Vilane cuberta cun glaseado espello de cor vermella, fíxeno para unha das miñas persoas favoritas do universo universal 😍 Porque como di Arantza Portabales no seu libro Beleza Vermella  (recomendado 100%), "A beleza é vermella coma unha cunca de cereixas" 💝

PURA MAXIA

Esta tarta tocoume o corazón, non só porque me encanta a temática , senon tamén porque me deu a oportunidade de coñecer a unha persoa, que coma min, adora os aniversarios e preparou para a súa nena unha pedazo de celebración onde tiven a sorte de achegar o meu  gran de area en forma de tarta. Moitísimas Grazas  familia!!!! Nunca deixedes de celebrar !!! Nunca deixedes de usar a maxia que levades dentro!!😉

QUE VIVAN OS NOIVOS!!!!!!

Encantoume facer esta tarta !!!! Chocolate negro con ganache de chocolate blanco 😋,  cuberta de fondant e decorada con flores naturais 💓 Grazas parella por confiar en min !!! Temos unha cata pendente 😉 Na vosa vida xuntos deséxovos aquelo que cantaba Sabina "QUE TÓDALAS NOITES SEXAN NOITES DE BODA, E QUE TÓDALAS LÚAS SEXAN LÚAS DE MEL"

RED VELVET

Para celebrar o cumple de Erea escollemos un biscoito Red Velvet con crema de queixo. Unha convinación tan perfecta, doce e tenra como a cumpleañera.  Parabéns para  Erea e tamén para José que ese día compartiron cumple. Grazas familia pola confianza así da gusto.