O domingo celebramos as 6 primaveras de Mateo, e para elo confeccionamos unha mesa doce e salgada totalmente personalizada. A temática elexida foi os indios, así que montamos un tipi, creamos uns penachos co nome de cada convidado para que se ataviaran con eles, puxémoslle plumas ao número 6 e confeccionamos tipis para que os peques os decorasen con temperas ao seu gusto (pasárono pipa pintando)... E de comer: pois un pouco de todo, uns sandwiches que ía cada un na súa caixiña individual, pelotazos, fresas con chocolate, cupcakes de cacao amargo con crema de queixo, gominolas varias, mousse de laranxa e como non, unha tarta, neste caso era de limón. Agardo que vos guste, nós desfrutamola a tope !!!!! Se queredes para a vosa celebración unha mesa totalmente personalizada coma esta, e con todo feito a mán e caseiro caseiro, contactade coa GATA LAMBOIRA. Soñade, e soñade doce, do resto encargámonos nós. ...