Ir al contenido principal

MESA DOCE INDIA !!!!


O domingo celebramos as 6 primaveras de Mateo, e para elo confeccionamos unha mesa doce e salgada totalmente personalizada.
A temática elexida foi os indios, así que montamos un tipi, creamos uns penachos co nome de cada convidado para que se ataviaran con eles, puxémoslle plumas ao número 6 e confeccionamos tipis para que os peques os decorasen con temperas ao seu gusto (pasárono pipa pintando)...
E de comer: pois un pouco de todo,  uns sandwiches que ía cada un na súa caixiña individual, pelotazos, fresas con chocolate,  cupcakes de cacao amargo con crema de queixo, gominolas varias, mousse de laranxa e como non, unha tarta, neste caso era de limón.
Agardo que vos guste, nós desfrutamola a tope !!!!!
Se queredes para a vosa celebración unha mesa totalmente personalizada coma esta, e con todo feito a mán e caseiro  caseiro,  contactade coa GATA LAMBOIRA. 
Soñade, e soñade doce, do resto encargámonos nós. 



















Comentarios

Entradas populares de este blog

Serea

A Angélica gustalle o mar e as sereas, así que a súa nai sorprendeuna con esta torta que ben podería ser un dos soños de Angélica. Moitos parabéns e moitas grazas  foi un pracer  

PHYSALIS

 Ru díxome, "de chocolate e bonita, fai o que se che ocorra" e cando me din eso penso no que me inspira a persoa destinataria da tarta, e desta vez pensei nun froito que me encanta "Physalis peruviana" ,é bonito por fora, coma unha flor, e dentro esconde o froito, dourado, brillante, e de sabor único. E pensei tamén nos bombóns, doces, elegantes e sorprendentes.  E velaí o resultado. Grazas Ru, encantoume ver a cara de sorpresa 😘 

CAMBIO DE DÉCADA

Este ano Jorge cambiou de decada, entrou nos dourados 40. Moitos parabéns e a desfrutalos. Moitas grazas Yelida, coma sempre, foi un pracer.