Ir al contenido principal

BENVIDO !!!!!!

Celebrar a vida é algo fantástico, e máis, cando se fai con tanto agarimo, esmero e adicación como o que puxeron no baby shower sorpresa de Izan. Eu tiven a honra de facer esta tarta de cacao amargo e ganaché de chocolate branco decorada con fondant acorde ao resto da temática da festa. 
Grazas por contar conmigo, foi un pracer, e grazas tamén por enviarme as fotos da mesa e deixarme amosar nesta miña xanela como quedou todo de bonito, parecía recén saído dun soño.
Benvido Izan, e parabéns familia. A voar moi moi alto
Soñade Doce 😉








Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Serea

A Angélica gustalle o mar e as sereas, así que a súa nai sorprendeuna con esta torta que ben podería ser un dos soños de Angélica. Moitos parabéns e moitas grazas  foi un pracer  

PHYSALIS

 Ru díxome, "de chocolate e bonita, fai o que se che ocorra" e cando me din eso penso no que me inspira a persoa destinataria da tarta, e desta vez pensei nun froito que me encanta "Physalis peruviana" ,é bonito por fora, coma unha flor, e dentro esconde o froito, dourado, brillante, e de sabor único. E pensei tamén nos bombóns, doces, elegantes e sorprendentes.  E velaí o resultado. Grazas Ru, encantoume ver a cara de sorpresa 😘 

CAMBIO DE DÉCADA

Este ano Jorge cambiou de decada, entrou nos dourados 40. Moitos parabéns e a desfrutalos. Moitas grazas Yelida, coma sempre, foi un pracer.