Ao longo da historia os gatos foron adorados como deuses en moitas culturas, pero de todos eles eu quedo coa deusa gato Bastet adorada polos exipcios. Ela representaba a parte positiva dos raios solares, a harmonía e a felicidade e ademáis tiña o poder de afastar aos malos espíritos. Ela serviume de inspiración para facer estas galletas de vainilla coas que Alba agasallou aos seus o día do seu aniversario. Xa vedes canta maxia poden chegar a encerrar unhas simples galletas con forma de gato. Grazas Alba por crer en min, e en Mateo 😉💗 Ánimo amigos cada vez queda menos.💪