Ir al contenido principal

MIAU!!

Ao longo da historia os gatos foron adorados como deuses en moitas culturas, pero de todos eles eu quedo coa deusa gato Bastet adorada polos exipcios. Ela representaba a parte positiva dos raios solares, a harmonía e a felicidade e ademáis tiña o poder de afastar aos malos espíritos. Ela serviume de inspiración para facer estas galletas de vainilla coas que Alba agasallou aos seus o día do seu aniversario.
Xa vedes canta maxia poden chegar a encerrar unhas simples galletas con forma de gato. Grazas Alba por crer en min, e en Mateo 😉💗
Ánimo amigos cada vez queda menos.💪





Comentarios

Entradas populares de este blog

Serea

A Angélica gustalle o mar e as sereas, así que a súa nai sorprendeuna con esta torta que ben podería ser un dos soños de Angélica. Moitos parabéns e moitas grazas  foi un pracer  

PHYSALIS

 Ru díxome, "de chocolate e bonita, fai o que se che ocorra" e cando me din eso penso no que me inspira a persoa destinataria da tarta, e desta vez pensei nun froito que me encanta "Physalis peruviana" ,é bonito por fora, coma unha flor, e dentro esconde o froito, dourado, brillante, e de sabor único. E pensei tamén nos bombóns, doces, elegantes e sorprendentes.  E velaí o resultado. Grazas Ru, encantoume ver a cara de sorpresa 😘 

CAMBIO DE DÉCADA

Este ano Jorge cambiou de decada, entrou nos dourados 40. Moitos parabéns e a desfrutalos. Moitas grazas Yelida, coma sempre, foi un pracer.