Ir al contenido principal

VODAS DE OURO

A tradición de celebrar os aniversarios de vodas ven da Alemaña medieval. Nesa época cando unha parella chegaba aos 25 anos de casados, os seus familiares agasallaban á muller con unha coroa de prata, e cando chegaban aos 50 repetían a celebración pero nesta ocasión a coroa era de ouro.
Neste caso foron as vodas de ouro de Blanca e Emilio!! 50 anos de casados!!! E para celebralo preparamos un semifrío de mousse de chocolate e outro de mousse de limón, o preferido de Blanca.
Seguide celebrando moitos máis, con esa fermosísima familia que tedes; que non se acabe nunca a maxia!!!!
Grazas Marta e familia por contar conmigo, foi un pracer enorme. 











Comentarios

Entradas populares de este blog

Serea

A Angélica gustalle o mar e as sereas, así que a súa nai sorprendeuna con esta torta que ben podería ser un dos soños de Angélica. Moitos parabéns e moitas grazas  foi un pracer  

PHYSALIS

 Ru díxome, "de chocolate e bonita, fai o que se che ocorra" e cando me din eso penso no que me inspira a persoa destinataria da tarta, e desta vez pensei nun froito que me encanta "Physalis peruviana" ,é bonito por fora, coma unha flor, e dentro esconde o froito, dourado, brillante, e de sabor único. E pensei tamén nos bombóns, doces, elegantes e sorprendentes.  E velaí o resultado. Grazas Ru, encantoume ver a cara de sorpresa 😘 

CAMBIO DE DÉCADA

Este ano Jorge cambiou de decada, entrou nos dourados 40. Moitos parabéns e a desfrutalos. Moitas grazas Yelida, coma sempre, foi un pracer.