Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2020

PHYSALIS

 Ru díxome, "de chocolate e bonita, fai o que se che ocorra" e cando me din eso penso no que me inspira a persoa destinataria da tarta, e desta vez pensei nun froito que me encanta "Physalis peruviana" ,é bonito por fora, coma unha flor, e dentro esconde o froito, dourado, brillante, e de sabor único. E pensei tamén nos bombóns, doces, elegantes e sorprendentes.  E velaí o resultado. Grazas Ru, encantoume ver a cara de sorpresa 😘 

COELLIÑO BRANCO

Teresa díxome "fai o que queiras" e a inspiración chegou dun libro que me encanta "Alicia no país das marabillas". Aparte de ser o coello branco o que guiou a Alicia a un mundo de fantasía, no pasaxe da reunión do té, a lebre branca fala da celebración dos "non aniversarios"; así que, porque non facer un coelliño branco para o non aniversario de Carla?  Este foi o resultado, un biscoito de vainilla con ganaché montada de chocolate con leite e decorado con fondant.  Ogallá que este coelliño branco leve tamén a Carla por un mundo de fantasía onde vivir fermosas aventuras. Grazas Teresa  😘  

CARROT CAKE

A ela encántanlle as cenorias, así que fixemos unha tarta de cenoria con crema de queixo e vainilla. Igual aí está o segredo 😏🥕🥕🥕🥕🥕🥕