Ir al contenido principal

COELLIÑO BRANCO

Teresa díxome "fai o que queiras" e a inspiración chegou dun libro que me encanta "Alicia no país das marabillas". Aparte de ser o coello branco o que guiou a Alicia a un mundo de fantasía, no pasaxe da reunión do té, a lebre branca fala da celebración dos "non aniversarios"; así que, porque non facer un coelliño branco para o non aniversario de Carla? 
Este foi o resultado, un biscoito de vainilla con ganaché montada de chocolate con leite e decorado con fondant.
 Ogallá que este coelliño branco leve tamén a Carla por un mundo de fantasía onde vivir fermosas aventuras.
Grazas Teresa  😘




 

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

A torta de Saúl

Xa sabedes que me encantan as tortas de vaca e a Saúl tamén. Feliz vida Saúl e moitas grazas Nuria.  

A torta de Leo

 Aquí está a torta coa que sorprenderon a Leo polos seus 4 anos. Moitísimas grazas familia e doces 4 anos Leo.  

Huggy

Hai amores que matan din, pois este amigo seica é deses, pero a Mateo encántalle así que con este ser celebrou os seus catro anos. Apertas das boas Mateo e felices 4. Moitas grazas Berta