Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

SUPER MARIO

 Que levante a man quen nunca xogou algunha vez co amigo Mario!! Este fontaneiro gordinflón e bigotudo leva 29 anos dando xogo e o que lle queda...  A nós nesta ocasión tamén nos deu xogo para sorprender a Uriel. Parabéns Uriel e ao igual que Mario deséxoche que ao final de cada etapa acades todos os teus soños. E gracias Mónica foi un pracer.

Hello Kitty

 Desta volta no aniversario de Erea estivo Hello Kitty!!! Non deixa de sorprenderme como esta gatiña segue namorando  xeración tras xeración; non sei se sabedes que o vindeiro 1 de Novembro fai 46 anos!!! O que sempre me intrigou foi o feito de que non tivera boca,  e despois de ler varias teorías, eu quédome coa que di que así o fixeron para que tivera unha aparencia inexpresiva e deste xeito a persoa que a mira reflexa nela o seu propio sentimento e estado de ánimo. Agardo que o día do seu cumple Erea vise a Hello Kitty radiante de felicidade 😘. Grazas Yelida. PD. Eu sempre vin un sorriso na cara desta gatiña. Soñade doce!

Peppa

 Desta volta tocoulle elexir a Erea e tiña claro que quería unha tarta da Peppa Pig, e así foi, fixemos unha tarta da Peppa Pig de chocolate con ganache montada de chocolate blanco. Moitos parabéns Erea! Non sabes canta ilusión me fixo ver o teu sorriso coa tarta, ogalla se faga eterno e luza sempre na túa cara.  Moitas grazas Nuria, foi un pracer endozar este día para vós😘