Ir al contenido principal

Hello Kitty

 Desta volta no aniversario de Erea estivo Hello Kitty!!! Non deixa de sorprenderme como esta gatiña segue namorando  xeración tras xeración; non sei se sabedes que o vindeiro 1 de Novembro fai 46 anos!!!
O que sempre me intrigou foi o feito de que non tivera boca,  e despois de ler varias teorías, eu quédome coa que di que así o fixeron para que tivera unha aparencia inexpresiva e deste xeito a persoa que a mira reflexa nela o seu propio sentimento e estado de ánimo. Agardo que o día do seu cumple Erea vise a Hello Kitty radiante de felicidade 😘. Grazas Yelida.

PD. Eu sempre vin un sorriso na cara desta gatiña. Soñade doce!











Comentarios

Entradas populares de este blog

Serea

A Angélica gustalle o mar e as sereas, así que a súa nai sorprendeuna con esta torta que ben podería ser un dos soños de Angélica. Moitos parabéns e moitas grazas  foi un pracer  

PHYSALIS

 Ru díxome, "de chocolate e bonita, fai o que se che ocorra" e cando me din eso penso no que me inspira a persoa destinataria da tarta, e desta vez pensei nun froito que me encanta "Physalis peruviana" ,é bonito por fora, coma unha flor, e dentro esconde o froito, dourado, brillante, e de sabor único. E pensei tamén nos bombóns, doces, elegantes e sorprendentes.  E velaí o resultado. Grazas Ru, encantoume ver a cara de sorpresa 😘 

CAMBIO DE DÉCADA

Este ano Jorge cambiou de decada, entrou nos dourados 40. Moitos parabéns e a desfrutalos. Moitas grazas Yelida, coma sempre, foi un pracer.