Esta torta foi un agasallo sorpresa para unha persoa que o merece todo. Moitísimos parabéns Chus, oxalá a vida che garde moitas máis sorpresas igual de doces ca esta.
Moitas grazas Inma e familia foi un auténtico pracer!!!!💖
Mauro é un apaixoado das vacas, e na súa comuñón estiveron moi presentes. Moitísimas grazas Manu e Oscar por facerme partícipe deste fermoso día. Foi un enorme pracer tamén compartir escenario con Imaxinatia que bonito fotocall. Non cambies Mauro ti eres o futuro 💗
A flor preferida da nai de Yelida son as calas así que fixemos esta torta con elas para celebrar o seu aniversario. Mil parabéns e moitas grazas Yelida 💗
Comentarios
Publicar un comentario