O primeiro aniversario é superespecial e para celebrar o de Lucas quixeron que o galo Bartolito tamén estivera presente, con esta torta, desexo cumprido. Moitos parabéns Lucas!! E moitas grazas familia, a seguir celebrando outros mil anos!!!!
Esta versión da tarta San Marcos foi a elexida para agasallar a María no seu aniversario. Felices 17 María!!! Que veñan cargados de cores e ledicia. Moitas grazas Diana gustoume moito facer esta torta.
Esta foi a torta de Bruno, a el encántanlle os xabaríns así que fixemos este para a súa torta! Moitos parabéns Bruno e moitas grazas Montse e Sonia, foi un pracer.
Nata, chocolate e froita! Como case sempre menos é máis e poucas tortas poden estar máis ricas ca esta. Parabéns Carmen !!! E Moitas Grazas Susana!!!! Foi un pracer facer esta doce sobremesa