O primeiro aniversario é superespecial e para celebrar o de Lucas quixeron que o galo Bartolito tamén estivera presente, con esta torta, desexo cumprido.
Moitos parabéns Lucas!! E moitas grazas familia, a seguir celebrando outros mil anos!!!!
Mauro é un apaixoado das vacas, e na súa comuñón estiveron moi presentes. Moitísimas grazas Manu e Oscar por facerme partícipe deste fermoso día. Foi un enorme pracer tamén compartir escenario con Imaxinatia que bonito fotocall. Non cambies Mauro ti eres o futuro 💗
A flor preferida da nai de Yelida son as calas así que fixemos esta torta con elas para celebrar o seu aniversario. Mil parabéns e moitas grazas Yelida 💗
Comentarios
Publicar un comentario