Esta torta da avoa decorada co adorable Mickey foi coa que celebraron a primeira volta ao sol de Anxo. Moitos parabéns Anxo, que todas as voltas que che quedan por dar sexan de absoluta felicidade. E moitas grazas Sonia foi un pracer.
Ás veces o mellor agasallo é o doce co que celebrar, esta foi a torta coa que lle felicitamos o cumple a Tati, biscoito de chocolate con crema de fresa, combinación gañadora. Moitos parabéns Tati, que os teus 7 aniños sexan tan doces coma esta torta.
Biscoito Red Velvet con crema de queixo e decorada con froitas e chocolates, podese estar máis rico? Pode, pero non é doado. Moitas grazas Esther foi un verdadeiro pracer.
Ás veces quedanme tortas no tinteiro pero que me quedase esta non ten perdón. Esta foi a torta do cumple de Mateo, e eses son os personaxes dunha das súas series favoritas. Cando ás veces vexo os dibus con él, non deixo de pensar na enorme distancia que separa estes extraños seres dos meus benqueridos Espinete e Don Pimpón. QMM💓
As bolboretas son uns insectos únicos e extraordinarios, sofren a metamorfósis máis fermosa e espectacular. Moitos parabéns Xi desexoche unha vida tan fermosa coma o voo dunha bolboreta. Moitas grazas Nuri, coma sempre, foi un pracer.