Ir al contenido principal

Teen Titans Go!!!!

Ás veces quedanme tortas no tinteiro pero que me quedase esta non ten perdón. Esta foi a torta do cumple de Mateo, e eses son os personaxes dunha das súas series favoritas. 
Cando ás veces vexo os dibus con él, non deixo de pensar na enorme distancia que separa estes extraños seres dos meus benqueridos Espinete e Don Pimpón. 
QMM💓







 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Serea

A Angélica gustalle o mar e as sereas, así que a súa nai sorprendeuna con esta torta que ben podería ser un dos soños de Angélica. Moitos parabéns e moitas grazas  foi un pracer  

PHYSALIS

 Ru díxome, "de chocolate e bonita, fai o que se che ocorra" e cando me din eso penso no que me inspira a persoa destinataria da tarta, e desta vez pensei nun froito que me encanta "Physalis peruviana" ,é bonito por fora, coma unha flor, e dentro esconde o froito, dourado, brillante, e de sabor único. E pensei tamén nos bombóns, doces, elegantes e sorprendentes.  E velaí o resultado. Grazas Ru, encantoume ver a cara de sorpresa 😘 

CAMBIO DE DÉCADA

Este ano Jorge cambiou de decada, entrou nos dourados 40. Moitos parabéns e a desfrutalos. Moitas grazas Yelida, coma sempre, foi un pracer.