Con estas tortas sorprenderon a Luz e Pablo nas súas vodas de ouro, unha para os máis chocolateiros e outra para tódolos públicos. Moitos parabéns parella a seguir sumando anos xuntos.
Mauro é un apaixoado das vacas, e na súa comuñón estiveron moi presentes. Moitísimas grazas Manu e Oscar por facerme partícipe deste fermoso día. Foi un enorme pracer tamén compartir escenario con Imaxinatia que bonito fotocall. Non cambies Mauro ti eres o futuro 💗
A flor preferida da nai de Yelida son as calas así que fixemos esta torta con elas para celebrar o seu aniversario. Mil parabéns e moitas grazas Yelida 💗
Comentarios
Publicar un comentario